Se o traballo con mapas "vivos" ten interesantes posibilidades didácticas na área lingüística, é claro que dá aínda máis xogo na social (Earth, Maps...). É por iso que desde PDC estamos intentando tirarlle partido a algunhas ferramentas de xeolocalización, en tarefas con tratamento da información como
- Os muros que non caeron
- ou Rutas sobre mapas, esta última dentro dun proxecto de intercambio
E destas propostas, acollidas cun afán pouco frecuente no noso alumnado, están a saír algunhas das mellores producións do curso. Algunhas estupendas, coma esta ruta de Juan en Wayfaring con incrustación de vídeos e animacións:
Ampliado, aquí.
Exemplos de producións da primeira actividade:
Tamén en PCPI temos feito propostas deste tipo, como a organización dunha saída, con resultados coma esta guía de Mónika.