Máis unha ferramenta colaborativa en galego

Tras dedicarlle un bo tempo á instalación e configuración dun wiki propio en galego con MediaWiki (que cómpre ampliar con extensións e esixe editar php, mais é ben robusto e inclúe a tradución completa), descubrimos que Wikia, que desenvolve o mesmo software na web, tamén ofrece a opción en galego. E, a pesar de que pode perderse un ao acceder como usuario, é unha ferramenta a considerar en proxectos colaborativos: cunha edición limpa e áxil -mesmo se poden crear slides só xuntando imaxes-, un portal da nosa propia comunidade e blogue persoal. Tamén parece posíbel evitar a publicidade, aínda que estraña tal aceptación do administrador.

Unha proba

Chuzame! A Facebook A Twitter

Producións colectivas

No IES da Pobra, onde a maioría dos docentes compartimos a percepción de que cada vez é máis difícil motivar o alumnado, facer que traballe -cousa que pasa, en diferentes graos, en todos os centros-, vimos de publicar as producións de tres pequenos (novos) proxectos que parecen indicar todo o contrario. Son as presentacións de elementos químicos (en 1º BAC), os videopoemas de lingua castelá (4º da ESO) e o wiki sobre cidades para visitar (3º de PDC).

Os -en xeral- bos resultados, produto dunha notábel implicación do alumnado, é moi posíbel que dependan destas -entre outras- características compartidas:

  • responden a propostas de construción de contidos claras e con sentido: fai próximos trazos e usos, adapta á linguaxe audiovisual, recomenda e guía
  • confórmanse grupos que traballan de maneira colaborativa e que contribúen a crear unha canle de interese social
  • o proceso de traballo cos textos encarréirase para conseguir reelaborar a información ou facer recreacións orixinais
  • o alumnado manexa ferramentas tecnolóxicas (presentacións animadas, vídeo, imaxe comentada...) para dar a coñecer cousas ás que lles dá valor comunicativo

E por que non propoñerlle ao alumnado en lingua galega a elaboración dun abano de recursos da publicidade, dunha serie de curtas a partir de textos poéticos do seu gusto ou dun wiki de recomendacións musicais, por exemplo? Custa centrar as producións, custa guiar ben e revisar continuamente o proceso, custa cultivar o diálogo preciso..., mais sempre paga a pena. E máis cando temos referentes como o espléndido blogue do IES Castro da Uz adicado a Novoneyra ou videopoemas coma este do IES de Ames:

Chuzame! A Facebook A Twitter

NETrezade: a narración dixital

"Tecnicamente, a narración dixital consiste en curtametraxes de moi pequena duración, con personaxes e historias próximas, e construídas co equipo máis simple nun curto límite de tempo. Un proxecto de narración dixital ou digital storytelling realízase en poucos encontros onde as persoas constrúen o material rapidamente utilizando ferramentas de doado acceso e uso. Poden utilizarse múltiples recursos: debuxos dixitalizados, clips de vídeo dixital, texto, fotografías, voz en off, títulos, transicións, etc. Pero, independentemente da tecnoloxía e os recursos, o máis importante é contar unha historia, utilizando este medio para dicir algo ás demais persoas."

NETrezade é un proxecto que parte da literatura e o feito literario para realizar propostas de produción de historias na web. Mais non está circunscrito á área lingüística nin é esta o seu alicerce. Entre outras cousas, porque parte dun enfoque interdisciplinar e a súa autora é profe de Tecnoloxía. De todos os xeitos, contén tres programas, ao xeito de webquest, que poden adaptarse para seren desenvoltos en lingua e literatura:

Consecuentemente co anterior, non está entre os obxectivos deste proxecto desenvolver as claves textuais e lingüísticas dos xéneros propostos e nel cobran máis valor os aspectos técnicos; de feito, conta con aproveitábeis videotitoriais da web 2.0 (creación de documentos con Google Docs, manexo de Xtranormal...). Porén, achega modelos de elaboracións intermedias e finais que son moi útiles para orientar e motivar o  alumnado. Velaquí unha animación e unha curta baseadas no relato Falar, de Made in Galiza.

NETmoviola: Falar de Ana Moreiras en Vimeo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Profesorado activo

muralO mergullo nos espazos na rede creados polo profesorado galego, coa finalidade pola nosa parte de contribuír na recompilación do wiki de materiais, afírmanos na idea de que, dentro dunha ampla variedade de enfoques e motivacións, boa parte do ensino galego aposta polo uso das tic, por explorar novas vías de traballo, por compartir... na lingua propia. En moitos casos, á marxe da administración educativa.

O propio wiki, con case 240 ligazóns (só de secundaria) e preto de 1000 visitas únicas en menos dun mes (e decembro), é boa mostra dese intenso labor do profesorado, escasamente recoñecido pero tan necesario. Entre as últimas incorporacións están, por exemplo, a completa web de filosofía dianoia, os moi aproveitábeis traballos de Paulo Porta sobre fotografía e imaxe dixital e mais xeometría e debuxo técnico ou as actividades sobre cómic e animación en LIM-webquest de Manuel Busto, de interese tamén para Lingua e literatura.

Mágoa desas aulas virtuais tan pouco atractivas e xeralmente pechadas.

Nese mergullo tamén é posíbel tomar referentes para a creación, e gozar con algunhas como as de Xabier Marqués, con brincadeiras coma esta:

Chuzame! A Facebook A Twitter