Para encamiñar a introdución (moi básica) ás características da argumentación, empregamos esta serie de actividades sobre un fragmento cinematográfico que inclúe tamén unha proposta de produción, só bosquexada.

Adaptamos tamén esta breve secuencia da Revista Escola deste xeito.
O vídeo co que se traballa no caderno interactivo é este de Ao cruzar o límite (o intercambio que interesa está ao final, desde o 7:40, mais é preciso contextualizalo):
Unha opción que convén explorar como xénero de produción é a da exposición ou narración empregando a técnica de animación stop-motion. A incorporación de voz -que xa se producía no magnífico Orgullosos do noso, orgullosos do galego, do IES Pedras Rubias, por exemplo- dá moito xogo se contemplamos posibilidades nas aulas en conexión cos contidos traballados: presentar resultados de pequenas investigacións, exemplificar tipos textuais, ofrecer versións persoais de lecturas, ilustrar reflexións sobre a lingua... Con máis flexibilidade e axilidade ca ferramentas da rede como Showbeyond.
O protagonista da creación ten que ser o alumnado, claro, aínda que tamén podemos empregar esta técnica na achega de apoios ás tarefas. Eu en canto poida. Unha produción:
Nesa liña, teñen interese as propostas e exemplos de Slowmation. E unha ferramenta moi recomendábel para realizar este tipo de vídeos é SAM Animation, con demo gratuíto e manexabilidade sorprendente.
Rematamos a tradución (pouca cousa), adaptación e ampliación (esas non pequenas) dunha secuencia de traballo realizada por tres profes basc@s que nos deu bastante bo resultado en PDC. Recollemos basicamente a idea e os materiais, pero os recursos son distintos, claro, e engadímoslle unha presentación sobre a publicidade e unha serie de actividades sobre a contraargumentación.
Anda por aquí. Está feita coa ferramenta, ben recomendábel, Hype.