Lingua e literatura de 3º de Primaria, editorial Rodeira:
- p. 123. "Abre o programa Word e escribe un texto" (imaxe do Word en castelán; indicacións como "elixe a opción INSERTAR e dentro dela, a opción Imagen" -sic, sic, sic!);
- p. 139 "...activa o programa de correo electrónico. Hai moitos: Microsoft Entourage... Fai clic no recadro Nuevo mensaje" (imaxe do correo en castelán)
- p. 155 Captura de pantalla de Google en español.
- p. 178-9 Imaxe de móbiles con "Opciones".
Non sabemos se o alumnado aprenderá lingua, pero si que captará ben a mensaxe: privativodependencia e non validez da lingua galega para as tecnoloxías. En consonancia coas materias científicas de obrigada impartición en español. E, xa non é que os libros de texto fagan propostas (?) desposuídas de sentido a respecto das TIC, é que contribúen á deformación.
Así, sempre presta ler cousas coma esta.

