Antoloxía poética enriquecida

Desenvolvemos este trimestre en 1º de bacharelato unha pequena secuencia de actividades na rede sobre a literatura dos Séculos Escuros e do Rexurdimento, intentando atender os textos e o seu contexto. Tratábase de que o alumnado realizase, partindo dunha escolma (súa e argumentada), unha proposta de traballo coas TIC dun poema, achegando apoios para a súa comprensión. Proposta que logo poderían facer efectiva outr@s compañeir@s.

Os resultados en xeral non son malos, porque boa parte do alumnado aproveitou as orientacións e oportunidades para revisar o feito, para evitar simples copias e translacións, para mergullar algo no contexto sen ficar no obvio. Unha escolma das producións presentámola na nosa revista dixital. Aquí estamos a xuntar agora o fundamental do traballo, cos textos e os seus complementos.

Mais, e a pesar de que custou ao comezo, o mellor da experiencia é o labor dentro da rede comunitaria, tanto polo apoio e a retroalimentación constante como pola práctica da lingua no ámbito do intercambio dixital. Iso si, require unha dedicación por parte do/a profe non pequena precisamente e nesas horas nas que seica non traballamos, claro. Neste caso, empregamos os comentarios nos diferentes muros, as mensaxes persoais internas e o chat público e mais o privado para que fluíse a información, e había que atender todo; alén diso, ofrecíaselles aos mozos e mozas a avaliación, seguindo os criterios acordados, nunha páxina específica que se actualizaba continuamente.

Por certo, grou.ps deixa bastante que desexar no que se refire aos avisos de intervencións, pois non hai forma de que advirta dos comentarios no muro persoal ou das reedicións. Tamén por iso, precisamos unha alternativa propia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentacións xeolocalizadas

Se o traballo con mapas "vivos" ten interesantes posibilidades didácticas na área lingüística, é claro que dá aínda máis xogo na social (Earth, Maps...). É por iso que desde PDC estamos intentando tirarlle partido a algunhas ferramentas de xeolocalización, en tarefas con tratamento da información como

E destas propostas, acollidas cun afán pouco frecuente no noso alumnado, están a saír algunhas das mellores producións do curso. Algunhas estupendas, coma esta ruta de Juan en Wayfaring con incrustación de vídeos e animacións:

Ampliado, aquí.

Exemplos de producións da primeira actividade:

Tamén en PCPI temos feito propostas deste tipo, como a organización dunha saída, con resultados coma esta guía de Mónika.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xornalistas en prácticas

Con ese título vimos de crear un espazo para reorientar o traballo feito ata agora coa prensa e poder integrar a lectura comprensiva, analítica, e mais a elaboración de textos xornalísticos, tanto escritos como radiofónicos e audiovisuais. Cunha serie de tarefas abertas (no sentido de que é o alumnado o que selecciona as novas e o xénero) e recursivas, con múltiples guías e modelos, proponse seguir un proceso que se pode sintetizar así.
Mais, falando de medios, quen está a facer un xornalismo audiovisual impagábel é SonCine + VinteDez. Un luxo que dá resposta sempre a necesidades, da man de Román e David. Sen palabras...

as aulas e o despacho from SonCine on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A Twitter