Vídeo didáctico sobre as linguas en contacto

Realizado para manexar estes contidos dentro dunha secuencia de tarefas na que estamos traballando.

Principais fenómenos das linguas en contacto, de xanocebreiro en Vimeo.

Para problematizar o tema, ilustrar e exemplificar, empregamos fragmentos de vídeos de canles públicas, malia que os contidos con proxección no ensino que crean os nosos medios estean esparexidos e sexan pouco accesíbeis. Os da TVG, por exemplo, preséntanse organizados por categorías televisivas e están limitados por plugins. Aínda ben que hai iniciativas sociais, como a Mediateca da AS-PG, o grupo de Vimeo Velaí ou a Canle de recursos didácticos da CIG-Ensino. Cousa ben distinta son, por certo e sen poder evitar o recurso á comparación con Cataluña, as producións con vontade didáctica do envexábel Edu3tv, que recompila a programación educativa catalá. Un vídeo do que gosto ben é Tots a la mani!, do programa Àlia.

Edu3.cat