Francachadonia

Comprace coñecer proxectos coma este interdisciplinar do IES A Cachada, que, co temón de FLE, constitúe un referente para o traballo integrado das competencias, sobre todo no que se refire á autonomía e ás competencias dixital e en comunicación lingüística.
Desde Tecnoloxía (Ana Moreiras) e Francés (Berta), ademais de Plástica e Ciencias Sociais, deseñáronse unha serie de tarefas e actividades que lle posibilitaron ao alumnado das Seccións Bilingües a co-organización dunha viaxe con ferramentas colaborativas. Especialmente interesante parécenos a realización e defensa oral por parte do alumnado de propostas -fundamentadas- de rutas e actividades para a visita, así como a presentación de diferentes monumentos e espazos durante a viaxe.
O alumnado como protagonista, velaí a “fórmula”. E unhas profes que constrúen, acompañan os procesos e traballan pensando en metas educativas. Saben algo disto as autoridades educativas empeñadas en afundir o ensino público e vender fume?





O sitio do proxecto.