By xano (
decembro 11, 2008 at 1:01 am)
· Filed under aula, lectura, podcast, tertulia
Lecturas interpretativas, lecturas guiadas na aula, audicións comentadas, encontro con autores/as... Temos deseñado na aula de lingua e literatura diferentes estratexias baseadas na oralidade para animar a ler máis alá das obrigas escolares e para mellorar a comprensión do lido.
Pero aínda non probaramos a organización de tertulias en pequenos grupos con alumnado que comparte a elección dun libro (dentro dun abano suficientemente amplo), orientadas a profundar en determinados aspectos e a compartir a vivencia da lectura. E a experiencia piloto que agora pechamos dános azos para aproximarnos ás tertulias dialóxicas. O enriquecemento do diálogo, parcialmente dirixido, pode ademais potenciarse co uso das TIC, coa gravación e publicación de fragmentos -significativos mais non reveladores- que disparen conexións e constitúan referencia para escollas posteriores, modelando os criterios simplificadores do boca a boca.
Son editado con Audacity, con incorporación de música baixada de A Regueifa Plataforma -neste caso, Som do Galpom- e aloxado directamente en Blogaliza (xunto co reprodutor de dewplayer).
.
Comparte
chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)
By xano (
setembro 9, 2008 at 4:20 pm)
· Filed under formación, recursos, audioblogue, ferramentas web, podcast
Entre as ferramentas web que andamos a revisar para a creación de guías (nun principio de cara á formación, pero sobre todo como útiles para o alumnado que os precise, como recollemos na ágora), destaca Big Contact.
Este servizo posibilita crear sen dificultades canles de anotacións con audio e/ou vídeo. Iso si, os arquivos mp3/mp4 teñen que estar aloxados previamente na rede (en sitios como SolidCast ou na biblioteca do noso blogue, por exemplo). O resultado é unha bitácora cun reprodutor inicial dos arquivos todos e mais cos reprodutores particulares das anotacións con texto, imaxes... Todos eles son incrustábeis por medio de código embed. Ofrece múltiplas opcións para a subscrición e a descarga coa ligazón á orixe do arquivo de audio/vídeo.
Se o anterior é xa atractivo, sobre todo polo xogo que dá un reprodutor que ensarilla os podcast enriquecidos, aínda o é máis o feito de que podemos adaptar a aparencia do blogue e presentalo case integramente en galego. E iso porque ten aberto o acceso ao xhtml (desde Website Style) e con tal de facermos unha copia de seguridade no noso computador...
Un exemplo de canle. O reprodutor a pantalla completa (desde aí captúrao ben Vodpod para Wordpress). E incrustado:
chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)
By xano (
febreiro 29, 2008 at 11:48 pm)
· Filed under blogue, escrita, podcast, revisión
Aínda fica moito por revisar neste wordpress de blogaliza, sobre todo os embed perdidos no proceso de migración desde remexer en blogger, mais por fin estamos baixo plataforma galega.
Unha das cousas novas é a posibilidade de subir arquivos de audio. Probamos con esta reflexión persoal sobre a revisión na escrita dixital:
revision2.mp3
Producido con Cotovía.
chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)
By xano (
xaneiro 8, 2008 at 12:37 am)
· Filed under iniciativas, recursos, boomp3, podcast, podgalego, recursos

boomp3.com

Xa reabriu hai uns días Podgalego e é obrigado facerlle promoción: atractivo, cunha presentación de recursos moi útil e cun amplo directorio, onde ademais se recollen os nosos experimentos. Máis motivación para o alumnado protagonista (nunca sobra) e compromiso para un, que agora terá que empezar a traballar en serio isto.O falangullo promocional, que se baixou da propia páxina, foi subido a BooMP3, o sitio de hospedaxe máis sinxelo e funcional que coñezo.
chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)