Opcións en Blogaliza

estilos
Este remozamento do aspecto do blogue, condicionado por estar obrigado a revisar o funcionamento de Blogaliza, que mudou en boa medida en agosto ao incorporar WordPress MU e que ofrece desde esta semana máis estilos visuais, non se debe só a razóns estéticas. Se esta plataforma garante que poidamos xestionar e editar a nosa bitácora en galego, non ocorre o mesmo coa presentación dos contidos: a maioría dos estilos visuais conservan, ao non ter aberto o código e estar só parcialmente adaptados, elementos noutras linguas. O que procurei foi sobre todo mellorar esta cuestión.

Con Blogger acontece xusto o contrario: si podemos crear unha tona galega, pero se pretendemos que sexa o alumnado quen xestione, acaba sendo contraproducente no que se refire a obxectivos normalizadores. Esa é a única cuestión mellorábel, desde o meu punto de vista, desta estupenda inicativa que coñezo máis a fondo grazas a Román.