Monólogos sobre a lingua

No noso traballo do xénero do monólogo de espectáculo, puidemos integrar contidos sociolingüísticos -e aproveitalos, en 1º de BAC, para a composición dunha exposición sobre os neofalantes-, grazas a algunhas intervencións magníficas de Quico Cadaval e de Belén Regueira, neste caso no marco dunha charla-coloquio, pero cunha presentación autobiográfica con intención de monólogo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Minimonólogos

Levamos un tempo traballando especificamente as competencias comunicativa e dixital (baixo estes parámetros) cun grupo, o de PCPI, con non poucos problemas de aptitude+actitude. A lectura atenta e a escrita, claves no desenvolvemento competencial, soen estar asociadas a experiencias pouco satisfactorias; e a necesidade de revisión das propias producións non é doado de asumir. Nestas condicións, é evidente que a escolla de textos atraentes e a realización de propostas de creación desafiantes son aínda máis necesarias. Mais, desenvolver un mínimo de autonomía na mellora do que escriben é todo un reto.

Unha das últimas estratexias para enfrontar estas deficiencias pódese dicir que foi especialmente ben recibida e conseguiu motivar a escrita creativa na rede ao tempo que esixiu unha revisión do texto, sobre todo no que se refire á puntuación. Trátase dunha actividade de creación cunha aplicación web -xtranormal- que anima diferentes personaxes e "le" as intervencións que nós, neste caso o alumnado, escribimos, polo que unha expresión deficiente dará lugar a un discurso distorsionado. O problema para o galego é que xtranormal non ofrece translación coa nosa fonética, si coa do portugués e coa do castelán.

A actividade está presentada no blogue do módulo baixo o título Un monólogo animado.

Un remix:

Chuzame! A Facebook A Twitter