By xano (
novembro 24, 2008 at 2:52 am)
· Filed under iniciativas, recursos, anxo_gómez, creación, curros, literatura, olga_patiño, sociolingüística, tipos_textuais

Da man de Olga Patiño e Anxo Gómez chéganos A volta a Curros en 9 etapas, unha serie de propostas na que se xoga con acerto coas conexións de toda descuberta e de calquera creación. Enfoque decididamente comunicativo e recontextualizador que integra con coherencia e verdadeira funcionalidade, paréceme que por vez primeira nunha publicación deste tipo -en Lingua e literatura-, o uso das TIC.
É claro que, cunhas corenta páxinas e unha notábel diversidade de tipos textuais, non pode ser unha secuencia didáctica completa, con apoios para a produción ou guías de avaliación dos procesos, mais constitúe igualmente un material ben valioso. E, ademais, accesíbel desde a rede. Parabéns aos autores e á AS-PG!
chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)
By xano (
febreiro 6, 2008 at 11:23 pm)
· Filed under iniciativas, recursos, aplicacións didácticas, ágora, circaVie, ferramentas web, intercambio, literatura, rede social, TIC, xtimeline

Está a ser unha enorme satisfacción, penso que para toda a xente que alí está a participar, a evolución do espazo colectivo ´agora rede, unha alternativa para a formación en TIC acorde coas necesidades actuais que non está a cubrir a Administración (como tan ben o formulou Alberto).
´Agora rede ofrece en primeiro lugar unha panorámica dos distintos percorridos didácticos que anda a construír o profesorado a través de blogues e wikis. Porén, o que máis estimo eu é a oportunidade de aprender cunha verdadeira interacción dinámica, moito máis funcional cá lectura de postaxes e o diálogo entrecortado dos comentarios nos cadernos de cadaquén.
No grupo de traballo sobre as aplicacións didácticas das ferramentas web, comezamos a lle dar voltas á escolla das máis útiles no ensino. E quero recoller aquí tamén (aínda que pareza contraditorio co anterior) unha consulta sobre circaVie, que permite crear frisos temporais. Con esta ferramenta intentei facer unha panorámica da literatura galega desde a Idade Media ao Rexurdimento a través de textos (aproveitando algunha das ilustracións desta iniciativa de Cultura, lamentabelmente só en castelán(?)) e non fun quen de facer unha escolla no tempo para que aquilo non parecese un ermo nunha enormidade de franxa temporal (pódese ver aquí, mais deixeino sen rematar ao apreciar o problema). Alguén sabe se se pode facer tal cousa con circaVie?
En todo caso, temos outra opción: xtimelime, aínda que os resultados non fiquen tan vistosos.
chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)