Ferramenta de creación de audioblogues en galego

Entre as ferramentas web que andamos a revisar para a creación de guías (nun principio de cara á formación, pero sobre todo como útiles para o alumnado que os precise, como recollemos na ágora), destaca Big Contact.

Este servizo posibilita crear sen dificultades canles de anotacións con audio e/ou vídeo. Iso si, os arquivos mp3/mp4 teñen que estar aloxados previamente na rede (en sitios como SolidCast ou na biblioteca do noso blogue, por exemplo). O resultado é unha bitácora cun reprodutor inicial dos arquivos todos e mais cos reprodutores particulares das anotacións con texto, imaxes… Todos eles son incrustábeis por medio de código embed. Ofrece múltiplas opcións para a subscrición e a descarga coa ligazón á orixe do arquivo de audio/vídeo.

Se o anterior é xa atractivo, sobre todo polo xogo que dá un reprodutor que ensarilla os podcast enriquecidos, aínda o é máis o feito de que podemos adaptar a aparencia do blogue e presentalo case integramente en galego. E iso porque ten aberto o acceso ao xhtml (desde Website Style) e con tal de facermos unha copia de seguridade no noso computador…

Un exemplo de canle.