Un marco para os textos expositivos


Incluímos no blogue de 4º os pasos elementais para a produción de textos expositivos como (simple) apoio ás secuencias que determinen o xénero textual traballado e o seu contexto, que integren a reflexión sobre as características deste partindo de exemplos reais e o desenvolvemento das habilidades precisas (tratamento da información, procedementos explicativos, etc.), cuestións estas que son realmente as fundamentais na aprendizaxe.
Un marco máis recomendábel, en catalán e castelán, que atende tamén os xéneros textuais, segue sendo o do Centre de Redacció.