Como apoio ás diversas tarefas e actividades que se poden propoñer nas aulas con cómic ou sobre o cómic, existe na rede un abano xa ben xeitoso que pode enriquecer outro tipo de material e integrarse no labor dixital. Parécenme especialmente útiles:
- Estes paneis con guía didáctica, de BDBanda
- Como facer un cómic, do IES Leliadoura
- Manual de emerxencia de BD, descargábel desde a páxina Cerditos de Guinea
Nós achegamos o noso (aínda moi rudimentario) vídeo en stop-motion para recoller o máis elemental:
Aproximación ás características do cómic de xanocebreiro en Vimeo.