By xano (
abril 15, 2008 at 7:59 pm)
· Filed under blogue, recursos, argumentación, blogue
É ben ampla a diversidade de funcións dos blogues no ensino, incluída a de soporte para webquest e secuencias. Porén, non coñecía esta posibilidade traballada por Patxo Landa e presentada no blogue colaborativo TRES TIZAS: guiar de maneira clara e áxil unha única actividade dixital. O resultado é este interesante e atractivo Texto argumentativo, no que se traballa con esta magnífica escena de O indomábel Will Hunting, que aquí ofrecemos lexendada en galego con BubblePLY:
PRÁCTICA RETÓRICA PARA COLEGAS.
Xa que se trata de actividades sobre a argumentación e posto que desde a primeira ligazón, dun grupo de asesoras bascas, chegamos a este material de proxectos de traballo conxuntos de asesorías e profesorado, achegade razóns para apoiar a tese: Unhas asesorías potentes, non atadas ao traballo burocrático, dinámicas, con recursos suficientes e en estreita colaboración co profesorado da área poderían funcionar verdadeiramente como esteos da formación e da elaboración de canles e materiais didácticos.
chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)
By xano (
decembro 8, 2007 at 2:31 am)
· Filed under blogue, iniciativas, bibliotecas, blogue, modelo educativo, plataformas, TIC
A blogosfera das bibliotecas escolares galegas é un espazo cada vez máis rico e organizado, no e do que aprender moito; iso si, non sempre autocentrado, no sentido de partir dos recursos propios: prensa galega, etc. Aínda que o coñezamos máis ou menos, sempre presta visitar esta rede de mensaxes. Xa hai máis de trinta blogues potenciando a difusión dinámica, a interacción, a comunicación:
Acceso directo ao mapa aquí.
Os resultados da conxugación de dinamización e TIC (ou mellor, da dinamización co emprego das TIC) soen ser moi atractivos e mesmo sorprendentes, nalgúns casos admirábeis.É evidente a necesidade de estender este modelo ao conxunto da comunidade educativa (centros, ENDL, didácticas específicas...), mais, que plans, coberturas e asesoramentos hai ao respecto? O encomiábel voluntarismo por parte do profesorado é quen está a poñer a educación galega ao día neste aspecto, como no CPI de Cuntis ("onde", por certo, botou a andar un novo e estupendo Caderno de lingua). A iniciativa innovadora dos docentes é imprescindíbel tamén, mais nin é suficiente nin debera chegar ao sobreesforzo. Por parte da Consellaría, abonda con isto, máis que nada webs dinámicas (pdf) nuns poucos centros, convocatoria de premios e cursos de formación? Non cumprirían espazos de divulgación e plataformas coma esas de Educastur? Ademais dunha dotación decente en todos os centros, formación colaborativa en horario lectivo e asesorías non atadas á burocracia, claro:

chúzame -
Ligazóns permanentes (permalinks)