Blogosfera galega

Chuzame! A Facebook A Twitter

Entrar en materia

A maior satisfacción que un recibe cando se decide a editar un blog centrado na súa materia de ensino é atopar espazos de intercambio con preocupacións e obxectivos próximos. A rede é un ámbito óptimo para complementar o, sempre escaso, labor colaborativo e reflexivo que se realiza nos Centros, nas actividades de formación, nos círculos de amizade...
A este blogueiro anímao observar como abrollan novos espazos para o debate sobre a lingua, para a actualización didáctica, para compartir materiais, recursos e ideas. E como antesala do blog mestre, blog de aula ou caderno dixital colectivo (caso de Mensaxe nunha botella ou Revolta da freixa), desenvolvemento "natural" se o medio for favorábel.
En todo caso, é precisa a participación, dunha ou doutra maneira, nesta procura que emprega a rede para ser máis efectiva, sen ser ese emprego, por suposto, a finalidade. Un/unha non pode ficar á marxe porque no seu centro haxa só unha sala de ordenadores (aula TIC?) e estea sempre ocupada. Hai que reclamar máis medios, xaora, mais a clave é unha didáctica innovadora adaptada ao contexto.
En fin, todo isto é só para saudar dous gromos vizosos: encerado dixital e Materia de lingua. Para visitalos a miúdo e participar.
E para os que estean pensando en sumarse con edición propia, Materia de lingua inclúe unha guía moi clara sobre os blogs como recurso para lingua e literatura (tomada de Depósito). Que medre.
ENGADIDO: Materia de lingua é un blog experimental creado nunha actividade do CFR d'A Coruña e non parece ter continuidade.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Edubitácoras

O emprego didáctico dos blogs é unha realidade cada vez máis presente, tamén no ensino regrado, a pesar das escasas dotacións informáticas dos centros e das carencias de formación do profesorado. Velaquí algunhas reflexións e orientacións ao respecto, especialmente A era da Blogosfera, Uso didáctico dos blogs e esta recollida no BarbónBlog, mais tamén: unha, dúas, tres.

Para o intercambio de ideas e experiencias e de recursos en lingua e literatura, é moi recomendábel visitar estas bitácoras (ademais das galegas do bloque de ligazóns):

La paraula vola

Ambit Lingüistic

Darle a la lengua

Darle a la lengua 2 (estes dous últimos, do profesor Felipe Zayas)

Blog d'una profe DIM

Cuaderno amarillo

3ºESO María Moliner

Ficção versus realidade

Vidas secas

O português nas escolas

Un outro aspecto fundamental é a función do blogomillo como axente normalizador; para iso, véxase este básico pero interesante estudo e estas notas de Depósito. E os propios cadernos de bitácora están a ser empregados como (desexados) espazos de difusión, dinamización e participación polos Equipos de Normalización Lingüística: Coordinadora de Ferrolterra, IES de Allariz ...

ENGADIDO a 02/02/07: Consultade esta clara e completa guía de Depósito.

Chuzame! A Facebook A Twitter