É evidente que as actividades interactivas xeralmente motivan o alumnado, e en Lingua e literatura parece que tamén o profesorado. A verdade é que, aínda traballando con procesos de produción, ao desenvolvérmolos na rede non está de máis incluír algunhas destas actividades para axudar a reflexionar, a recompoñer ou a revisar o feito.
Para crealas, son moitas as opcións dentro das ferramentas de autor e dos xeradores online, mais tamén teñen todas estas moitos condicionantes: espazo limitado, deseño predeterminado, etc. Por iso, mergullamos nos plugins de wordpress para buscar alternativas máis flexíbeis dentro do formato blogue, e demos con algunha. Como Quizzin, que permite confeccionar diferentes baterías de cuestións para a escolla da resposta correcta e ofrece ao final a avaliación. Hai, iso si, que corrixir un erro importante no código, pois do contrario ao avanzar sen responder mostra a solución e non computa como erro. Cómpre engadir no .js este fragmento marcado.
Velaquí unha produción nosa cunha serie de actividades sobre a postura contraria dentro dunha secuencia con textos argumentativos.