Semblanzas

Con inseguridade ao estrearnos en 1º ESO, comezamos esta ambiciosa secuencia de traballo sobre o texto narrativo. As producións queremos publicalas neste espazo aberto que permite ver anotacións curtas dunha maneira moi áxil, en forma de libro, tanto na portada como ao abrir as creacións (polo de agora externas). Unha das ferramentas coas perdín o tempo nestes últimos días, mais que considero -se non falla o servidor- bastante interesante.

Comparto, coma sempre, estes materiais, coa intención tamén de abrir unha proposta de traballo colectivo, con participación de varios centros, ao redor das semblanzas e outros textos breves como os microrrelatos.

2 reflexións sobre “Semblanzas

  1. Ola! Son Teresa, profe de lingua galega no IES de Viós en Abegondo e ando, día si e día tamén a “remexer” neste blog. Todo me resulta interensantísimo pero, moito, inalcanzable; por iso, cando vin este magnífico traballo pensei que me ía costar deixalo pasar. Entón: solicito o teu permiso para poder aplicalo nas miñas clases de 1º de ESO ( sobra dicir que citando sempre a autoría). A secuenciación das tarefas paréceme, simplemente, perfecta; a selección dos textos, estupenda; o plantexamento da actividade…todo encaixa. Se teño o teu permiso quedo encantada e, se non, sempre agradecida polo moito que aprendo aquí. Un saúdo.

  2. Ola, Teresa
    Este é o comentario que calquera blogueiro procura! Obrigado.
    Por suposto que todo o que publicamos para compartir pode, se serve, levarse ás aulas. Sen preocupación por citar autoría nese contexto. Neste caso, mesmo as ferramentas de traballo (rede social e blogue de coleccións) están abertas para a colaboración dos grupos que se sumen. Así que estariamos encantados de vervos por alí (se o servidor responde).
    Agradézoche o comentario, ademais, porque non estou seguro de que o material se axuste -e permita axustarse- ao “nivel” do alumnado. Nós estamos comezando… Comunícame, por favor, que resultado obtés.
    Saúdos

Os comentarios están pechados.