Francachadonia

Comprace coñecer proxectos coma este interdisciplinar do IES A Cachada, que, co temón de FLE, constitúe un referente para o traballo integrado das competencias, sobre todo no que se refire á autonomía e ás competencias dixital e en comunicación lingüística.
Desde Tecnoloxía (Ana Moreiras) e Francés (Berta), ademais de Plástica e Ciencias Sociais, deseñáronse unha serie de tarefas e actividades que lle posibilitaron ao alumnado das Seccións Bilingües a co-organización dunha viaxe con ferramentas colaborativas. Especialmente interesante parécenos a realización e defensa oral por parte do alumnado de propostas -fundamentadas- de rutas e actividades para a visita, así como a presentación de diferentes monumentos e espazos durante a viaxe.
O alumnado como protagonista, velaí a “fórmula”. E unhas profes que constrúen, acompañan os procesos e traballan pensando en metas educativas. Saben algo disto as autoridades educativas empeñadas en afundir o ensino público e vender fume?





O sitio do proxecto.

5 reflexións sobre “Francachadonia

  1. Grazas, Xano. Con xente coma ti apréndese moito e entran ganas de facer cousas. Agardo que poida traballar contigo de novo un día, e desexo que non perdas as ganas ti de seguir aportando calidade!!!

  2. Ana e Berta, parabéns, de verdade. A calquera lle gustaría participar en proxectos coma ese.
    Laura, internacionais e interplanetarios coa vosa misión alieníxena 😉 Noraboa tamén ao alumnado, claro!

Os comentarios están pechados.