Libros de texto e TIC

Lingua e literatura de 3º de Primaria, editorial Rodeira:

  • p. 123. “Abre o programa Word e escribe un texto” (imaxe do Word en castelán; indicacións como “elixe a opción INSERTAR e dentro dela, a opción Imagen” -sic, sic, sic!);
  • p. 139 “…activa o programa de correo electrónico. Hai moitos: Microsoft Entourage… Fai clic no recadro Nuevo mensaje” (imaxe do correo en castelán)
  • p. 155 Captura de pantalla de Google en español.
  • p. 178-9 Imaxe de móbiles con “Opciones”.

Non sabemos se o alumnado aprenderá lingua, pero si que captará ben a mensaxe: privativodependencia e non validez da lingua galega para as tecnoloxías. En consonancia coas materias científicas de obrigada impartición en español. E, xa non é que os libros de texto fagan propostas (?) desposuídas de sentido a respecto das TIC, é que contribúen á deformación.

Así, sempre presta ler cousas coma esta.

Unha reflexión sobre “Libros de texto e TIC

  1. Pois bastante lamentable que isto suceda nun texto de Lingua e literatura galegas. A ver cando se convence a xente de non usar libro de texto.

    En ningún sitio indica que o software utilizado no ensino deba ser en castelán, incluída a materia de tecnoloxías, e cómpre un esforzo moi forte por parte das e dos docentes, equipos de normalización e direccións para que sexa real a presenza do galego e do software libre nos equipos informáticos dos centros. Iso non poden impedilo, e temos todo o dereito e deber de facelo.

    Veña, un saúdo

Os comentarios están pechados.