Stop-motion con voz / slowmation

Unha opción que convén explorar como xénero de produción é a da exposición ou narración empregando a técnica de animación stop-motion. A incorporación de voz -que xa se producía no magnífico Orgullosos do noso, orgullosos do galego, do IES Pedras Rubias, por exemplo- dá moito xogo se contemplamos posibilidades nas aulas en conexión cos contidos traballados: presentar resultados de pequenas investigacións, exemplificar tipos textuais, ofrecer versións persoais de lecturas, ilustrar reflexións sobre a lingua… Con máis flexibilidade e axilidade ca ferramentas da rede como Showbeyond.

O protagonista da creación ten que ser o alumnado, claro, aínda que tamén podemos empregar esta técnica na achega de apoios ás tarefas. Eu en canto poida. Unha produción:

http://www.youtube.com/watch?v=I7YxyNqu5Hg

Nesa liña, teñen interese as propostas e exemplos de Slowmation. E unha ferramenta moi recomendábel para realizar este tipo de vídeos é SAM Animation, con demo gratuíto e manexabilidade sorprendente.