Archive for didáctica

Investigando con

Está claro que no ensino non existen receitas, e menos en contextos adversos, cunha ratio elevada, con escasos recursos... A única "receita" válida é a revisión (reflexiva, continua, innovadora) do labor na aula. Porén, cómpre abrir vieiros, ou desbrozar os atuídos. E un dos máis atinados é aquel que integra o traballo dos diferentes contidos a través de proxectos, tarefas, resolución de problemas en contextos cooperativos: INVESTIGANDO CON, con hipóteses, con outr@s compañeir@s, con recursos, con procesos que requiren varias sesións de traballo... Véxanse os documentos Novos encontros no Secundário (escollede os PDF), Aprendizaxe cooperativa e Tarefas.
En lingua implica abordar todos os contidos (gramaticais, literarios, etc.) interactuando cos demais, con outros falantes, con diversos tipos de fontes e textos, procurando e presentando explicacións, propostas e creacións. É certo que esta liña leva moito tempo aberta (e seguro que hai experiencias nos centros que eu descoñezo máis que interesantes), mais case sempre se traduce en actividades que establecen conexións puntuais, como aproveitar os textos literarios para analizar usos lingüísticos ou investigar un contido histórico ou cultural. Do que se trata é de pasar do "localiza", "infórmate sobre" ou "escribe tal cousa", illadamente, a "formula unha hipótese e contrasta", "procura e elabora probas" e mais "presenta", de xeito integrado e sempre con instrumentos.
Por suposto, non é o único modelo metodolóxico ou didáctico válido e haberá momentos nos que serán precisas estratexias de ensinanza expositivas, pero a norma non pode ser a transmisión-observación do prototípico seguida de actividades de aplicación e comprobación. Nin abonda o extra de certas actividades dinámicas (un xogo de lingua, un pequeno obradoiro, un debate), pois non permiten realmente melloras competenciais nin soen situar o alumnado noutro rexistro.
En palabras de Anna Camps, debemos establecer unha ponte estable entre as actividades de uso e o coñecemento sistemático. Nisto (tamén), Cataluña está a ser unha referencia. Precisamente, nun libro coordinado por esta profesora e por Felipe Zayas, hai moi boas propostas e experiencias de secuencias didácticas baseadas en traballo colaborativo de investigación, neste caso centradas na gramática, como a de Vilà i Santasusana (traballou tamén a oralidade a través de secuencias didácticas) ou a de Xavier Fontich (autor tamén de Hablar y escribir para aprender gramática).
Eu creo na potencialidade deste modelo (insisto, non excluínte) e intentarei incluír aquí algunha mostra. O que máis se achega do que temos dispoñible na rede son algunhas webquest (non aquelas con simples tarefas de recontar ou de recompilar). Unha páxina ben completa sobre este recurso é Webquest, aprendendo na internet. Unha aproveitábel, das poucas de lingua e literatura galegas, é esta sobre María Mariño.
Chuzame! chúzame -

Comentarios (2)

A aprendizaxe da lingua hoxe

Lamentabelmente, o ensino hoxe aínda segue a funcionar en parte, e agás gabábeis excepcións, como aquelas primeiras escolas destinadas a atender os fillos dos traballadores e traballadoras das fábricas para asegurar mentes mecánicas e submisas. E mesmo (e aínda máis) cando se incorporan as novas tecnoloxías de xeito acrítico e tecnicista.
Porén, desde hai xa ben tempo, tanto razóns de tipo ecolóxico (modelo económico neoliberal depredador insostíbel) como éticas (distanciamento cognitivo e emotivo cunha realidade cada vez máis inxusta e brutal) e sociopedagóxicas (subsistencia na sociedade da información, esixencia de labores colaborativos, etc.), fan que o ensino activo e crítico se erixa como o eixo da didáctica.
En lingua e literatura, materia centrada no instrumento procesual por excelencia, o enfoque comunicativo-construtivista soubo integrar o desenvolvemento das competencias que forman o cidadán crítico na sociedade de hoxe. Esta é a liña que está a actualizar a didáctica e que terá que orientar os novos currículos. Dentro dela, a alfabetización electrónica e crítica é un dos cernes e unha das referencias neste sentido está a ser, novamente, Daniel Cassany, que emprega o termo de literacidade crítica (documentos un, dous, tres, catro), presente tamén no noso espazo.
Para a consecución duns niveis adecuados de formación nas distintas competencias básicas precísase a construción dunha cultura de cooperación na aula e a incorporación de estratexias de ensinanza por descubrimento, ambas as cousas ao resto fusionábeis. Como botóns de mostra esta webquest e estoutros traballos (1 e 2). Un paso máis alá nesta liña, non excluínte mais case obrigado no ensino primario, son os proxectos de traballo interdisciplinares (pode consultarse a particular experiencia portuguesa de áreas de proxecto).

Chuzame! chúzame -

Comentarios

Project-Id-Version: wpmu Report-Msgid-Bugs-To: wp-polyglots@lists.automattic.com POT-Creation-Date: 2008-07-29 12:02+0000 PO-Revision-Date: 2008-08-22 12:06+0200 Last-Translator: Tati Mancebo Language-Team: galego MIME-Version: 1.0 Content-Type: text/plain; charset=UTF-8 Content-Transfer-Encoding: 8bit X-Poedit-Language: Galician X-Poedit-Country: SPAIN X-Poedit-SourceCharset: utf-8 X-Generator: KBabel 1.11.4 Project-Id-Version: wpmu Report-Msgid-Bugs-To: wp-polyglots@lists.automattic.com POT-Creation-Date: 2008-07-29 12:02+0000 PO-Revision-Date: 2008-08-22 12:06+0200 Last-Translator: Tati Mancebo Language-Team: galego MIME-Version: 1.0 Content-Type: text/plain; charset=UTF-8 Content-Transfer-Encoding: 8bit X-Poedit-Language: Galician X-Poedit-Country: SPAIN X-Poedit-SourceCharset: utf-8 X-Generator: KBabel 1.11.4 Next entries »