Unha recompilación de ferramentas (e usos educativos) para a creación de muros interactivos incrustábeis.

Unha recompilación de ferramentas (e usos educativos) para a creación de muros interactivos incrustábeis.

Os plugins (Engadidos) de Wordpress que está a incorporar agora Blogaliza permiten crear presentacións emerxentes -con jQuery Lightbox - e álbums atractivos - con Page Flip Image Gallery-, outorgándolle maior funcionalidade ao blogue, a un blogue de plataforma que calquera pode manexar.
Unha nova iniciativa de Blogaliza que hai que parabenizar, e máis cando estas ferramentas teñen interesantes posibilidades no ensino. No caso das imaxes emerxentes, que se fan efectivas, tras activar o engadido, co código rel="lightbox" dentro da ligazón, estas permítennos enriquecer textos ou murais en diferentes actividades. Xustamente, comezamos a realizar nesta altura co alumnado a ilustración de poemas de Novoneyra, traballando a comprensión, aspectos do léxico e o contexto paisaxístico, con aproximacións iniciais coma esta:
PANOS brancos
da nebra
ouveando polos vales
polos soutos
i as devesas marelas
en busca dun caborco
ou dunha valiña outa
que os acolla
i os faga acougar!
Fiañas da nebra
rubindo
e baixando
á gaiola do aire
polas serras érmedas
e polos soutos despidos
do Nadal!
E, como simple proba, coas imaxes anteriores obtemos, no FlippingBook, sen acudir a servizo externo ningún e con amplas opcións de configuración:
[book id='1' /]
| Créditos das imaxes: http://www.montelouro.es/images/Sierra%20do%20Courel%20800%203D%20FIRMA.jpg http://www.flickr.com/photos/pericoterrades/ / CC BY-NC-SA 2.0 http://www.manuelgago.org/blog/imaxes/devesa.jpg http://2.bp.blogspot.com/_qvTfDAsMSD0/SvABZlDlqiI/AAAAAAAADJk/n6xLLzt16T0/s400/SOMIEDO +-+1+noviembre+2009+-+foto+Yosy+-+SGHN+%286%29.jpg http://www.manuelgago.org/blog/wp-content/uploads/mustallar_1.jpg http://www.espacionatural.com/4images/data/media/14/Santa-Eufemia.jpg
Información tomada da wikipedia
|
O mergullo nos espazos na rede creados polo profesorado galego, coa finalidade pola nosa parte de contribuír na recompilación do wiki de materiais, afírmanos na idea de que, dentro dunha ampla variedade de enfoques e motivacións, boa parte do ensino galego aposta polo uso das tic, por explorar novas vías de traballo, por compartir... na lingua propia. En moitos casos, á marxe da administración educativa.
O propio wiki, con case 240 ligazóns (só de secundaria) e preto de 1000 visitas únicas en menos dun mes (e decembro), é boa mostra dese intenso labor do profesorado, escasamente recoñecido pero tan necesario. Entre as últimas incorporacións están, por exemplo, a completa web de filosofía dianoia, os moi aproveitábeis traballos de Paulo Porta sobre fotografía e imaxe dixital e mais xeometría e debuxo técnico ou as actividades sobre cómic e animación en LIM-webquest de Manuel Busto, de interese tamén para Lingua e literatura.
Mágoa desas aulas virtuais tan pouco atractivas e xeralmente pechadas.
Nese mergullo tamén é posíbel tomar referentes para a creación, e gozar con algunhas como as de Xabier Marqués, con brincadeiras coma esta: