Estamos a empregar Thinglink para presentar contidos nas aulas e parécenos unha ferramenta interesante. Podemos con ela inserir texto e multimedia sobre imaxes dun xeito tremendamente simple. Por iso, é máis que adecuada para que o alumnado a manexe e constrúa diferentes composicións nas que é preciso ter claros os elementos:
- exemplificacións ou ampliacións sobre un mapa de ideas,
- descricións parciais,
- explicación de constituíntes,
- achegamento ás lecturas e a outras producións,
- ordenación de recursos na web...

Grazas, Xano, por unha nova ferramenta!