Presentacións sobre imaxe

Estamos a empregar Thinglink para presentar contidos nas aulas e parécenos unha ferramenta interesante. Podemos con ela inserir texto e multimedia sobre imaxes dun xeito tremendamente simple. Por iso, é máis que adecuada para que o alumnado a manexe e constrúa diferentes composicións nas que é preciso ter claros os elementos:

  • exemplificacións ou ampliacións sobre un mapa de ideas,
  • descricións parciais,
  • explicación de constituíntes,
  • achegamento ás lecturas e a outras producións,
  • ordenación de recursos na web…

Introdución ao xénero lírico

Unha reflexión sobre “Presentacións sobre imaxe

Os comentarios están pechados.