Blogues de 1º ESO

Estamos a organizar o labor en 1º da ESO a través dun blogue da aula que poida recoller o marco de traballo, algunhas actividades e mais as tarefas dixitais realizadas con diversas ferramentas. Para este alumnado (e mesmo para as familias) é especialmente necesario ordenar todos os elementos cos que se xoga, e a nosa aula de Edmodo (que seguimos empregando) non permite facer iso.

Tamén botamos man dos -xa relativamente abundantes- materiais e propostas que comparten compañeiros e compañeiras desde os blogues da aula, verdadeira rede (que non repositorio) de recursos. Coma estes:

Marlou 1º ESO

Lingua de Negueirós 1º ESO

Será por lingua…!

Enredando coas palabras

Primeira lingua

Camiño longo 1º ESO

Galesordes1

……

3 reflexións sobre “Blogues de 1º ESO

  1. É mutuo, abofé. Pero o que alegra realmente é ver que se están a facer e a compartir cousas moi interesantes para cursos tan “complicados” como 1º ESO.
    Aperta

  2. Pingback: COUSAS INTERESANTES | CLUB DE LECTURA

Os comentarios están pechados.