Máis ca un wiki

Buscabamos estes días, para o intercambio na rede dun pequeno grupo de traballo do noso centro, un espazo web que:
- permitise elaborar documentos de xeito compartido, na liña dos wikis e sen ter que botar man de ferramentas externas, como Doingtext
- dispuxese de ferramentas dunha rede social, como son un foro, un blogue, zona multimedia e caixas de comentario, sen ter que empregar plataformas como Ning ou Nexo, inadecuadas para o resto das nosas condicións
- fose un sitio claro e de doado manexo, ata para quen limita os usos da rede ao correo, pero funcional ao mesmo tempo
- puidese manterse en modo privado
Parecíanos difícil que unha plataforma da web ofrecese un espazo gratuíto que cumprise todas esas condicións. Mais aí está ClearWiki. Cunha navegación con menú xerarquizado (podemos engadir páxinas dependentes doutras), indicadores de creación de contido diáfanos, foro ben organizado, caderno colectivo, sistema de etiquetaxe e favoritos, posibilidade de creación de subgrupos e tarefas pendentes…, constitúe un contorno de traballo excelente.
Ten, iso si, dúas limitacións (que para nós non o son) na versión de balde:
- o número de membros non pode superar as 10 persoas
- e para incrustar obxectos da rede (presentacións, vídeos, etc.) hai que abrir o HTML con CONTR+H e pegar só a etiqueta embed.
A única eiva que observamos é que -coma calquera wiki- permite o acceso ás edicións anteriores dunha páxina, pero non compara as versións identificando os cambios.
Máis datos, aquí.




Se buscades unha alternativa máis social tedes o software libre elgg.