O lago das garzas azuis


garza azul

Crédito da imaxe

Creo que todos concordamos en que a valoración e a presenza da obra de Alfonso Pexegueiro nos espazos culturais en xeral e no ensino en particular non se corresponde (aínda) co seu enorme valor. Iso si, é reivindicado cada pouco, velaquí unha das últimas voces.

É a súa unha obra que realmente esixe moito do lector (e dá en proporción), pero non hai escusa para deixar fóra das lecturas de bacharelato a que renovou con decisión a poesía dos 70: Seraogna, e para incorporar de maneira guiada outros títulos. No noso centro, aínda que tendemos a ofrecer un amplo abano de libros de lectura, temos recomendado a ópera prima de Pexegueiro, e tivemos a sorte de contar coa presenza do autor hai uns anos.

Agora, desde o Ámbito sociolingüístico de 3º de PDC, cremos que O lago das garzas azuis, un conto-poema maxistral con múltiples dimensións, capaz de engaiolar o alumnado de terceiro ciclo de Primaria e de calquera outra idade posterior, é a mellor opción para achegarse á literatura con maiúsculas nun marco integral, independentemente das amplísimas ofertas de lectura que o alumnado ten. Para iso, empregamos esta guía, que se cadra pode ser de utilidade (adaptándoa) para outros grupos.

O lago das garzas azuis: guía de lectura e recreación

Información e Ligazóns

Crea máis rede comentando, seguindo os comentarios ou ligando a anotación desde os teus espazos.


Anotacións anterior e posterior e outras escolmadas
QuickMenu Save Document

Escribe o teu comentario

As túas palabras enriquecen este blogue. Obrigado. O cadro de texto admite HTML básico. Lembra que, se non iniciaches sesión en Blogaliza, terás que cubrir o cadro anti-spam (captcha) antes de enviar o comentario.

Comentarios feitos

Non é moi comprensible que unha obra coma esta careza de guía de lectura por parte da editorial, e máis cando a maioría das publicadas na colección Fóra de xogo si a teñen.
Exploraremos as túas propostas. Saudiña.