Comparte

Share/Save/Bookmark

Categorías

Histórico

Remexe

Con tempero

tartarugha

Tres feitos ben subliñábeis concorren nos últimos días a asentar unha certeza. A procura da perspectiva atinada e a simplificación nas propostas de uso produtivo da lingua coas TIC, son as cuestións centrais dun óptimo resultado didáctico.

  • Un deses feitos, unha espléndida actividade de proxección á linguaxe audiovisual de poemas de Neruda que desenvolveu a nosa compañeira Montse (parabéns de novo) e que estamos a colgar na revista do IES.

Neste sentido, a miña (curta) experiencia nas aulas co labor dixital mantén en xeral demasiadas zonas escuras, na maior parte dos casos por propoñer tarefas demasiado complexas para o alumnado. E demasiado pautadas. Tras un período no que a preocupación fundamental foi adecuar -apresuradamente, a demasiadas revolucións- a nosa materia ás esixencias dun alumnado nativo dixital e con asociacións negativas a respecto da lingua, cómpre poñer o tempero. Obrigado.

Até que o poidamos facer colectivamente.

Chuzame! A Facebook A Twitter

8 comments to Con tempero

Olark Livehelp