Minimonólogos


Levamos un tempo traballando especificamente as competencias comunicativa e dixital (baixo estes parámetros) cun grupo, o de PCPI, con non poucos problemas de aptitude+actitude. A lectura atenta e a escrita, claves no desenvolvemento competencial, soen estar asociadas a experiencias pouco satisfactorias; e a necesidade de revisión das propias producións non é doado de asumir. Nestas condicións, é evidente que a escolla de textos atraentes e a realización de propostas de creación desafiantes son aínda máis necesarias. Mais, desenvolver un mínimo de autonomía na mellora do que escriben é todo un reto.

Unha das últimas estratexias para enfrontar estas deficiencias pódese dicir que foi especialmente ben recibida e conseguiu motivar a escrita creativa na rede ao tempo que esixiu unha revisión do texto, sobre todo no que se refire á puntuación. Trátase dunha actividade de creación cunha aplicación web -xtranormal- que anima diferentes personaxes e “le” as intervencións que nós, neste caso o alumnado, escribimos, polo que unha expresión deficiente dará lugar a un discurso distorsionado. O problema para o galego é que xtranormal non ofrece translación coa nosa fonética, si coa do portugués e coa do castelán.

A actividade está presentada no blogue do módulo baixo o título Un monólogo animado.

Un remix:


Comparte

Information and Links

Join the fray by commenting, tracking what others have to say, or linking to it from your blog.


Other Posts
Boa viaxe
Mapas da práctica

Write a Comment

Take a moment to comment and tell us what you think. Some basic HTML is allowed for formatting.

Reader Comments

Ola Xano, como vai todo por Santiago? Hoxe por fin entrei no teu blog, e deixasme impresionado, menudo chollo tes feito. Esta prova dos monólogos non está nada mal, si un día tivera tempo e me funcionara ben o cangallo este que teño por ordenador, gustaríame facer un.

Seguirei de cando en vez botándolle unha ollada, que algo sempre se aprenderá, ou polo menos a redactar. Aínda que dín que burro vello non colle andadura e xa fai tanto tempo que deixei de estudar, que a ver. De todas formas coa práctica algo vou millorando.

Bueno, un saúdo veciño.

Agradecido pola visita e os comentarios. Pero este sitio non ten nada que ver coa frescura desa verdadeira rede de bitácoras debruzadas sobre o contorno cultural, paisaxístico, dos leceres… que estades a tecer: vós, mer, paideleo, paidovento e familia (nunca mellor dito, pero de blogues). Un referente para o ensino. Moi participativos e maioritariamente escritos en galego; nun bo galego, por certo.
Lémonos, porque pola Lomba creo que non imos coincidir. Ala Areas!