Mapas da práctica

Inmersos nun labor colectivo de escolma de propostas e experiencias didácticas con TIC nas distintas materias para tomar como referentes ou para adaptar, convencidos de que cómpre ir máis alá da simple incrustación -para poder construír coñecemento o propio alumnado de xeito creativo e crítico– descubrimos decontino valiosas achegas nunha rede de blogues cada vez máis ampla e aberta á partilla. Desde esta perspectiva que non usa as tecnoloxías para reforzar estratexias eminentemente transmisoras, non é que non teñan valor os recursos que constitúen produtos acabados (unha presentación, unha animación…). Sempre son incorporábeis aos deseños de procesos e actividades de investigación, resolución de problemas e produción (unha secuencia, unha webquest, un simple desafío…). Mais, as propostas de uso fundamentadas na práctica e, sobre todo, o relato de experiencias permítennos aprender (e ilusionarnos) moito máis. Para mostra, unha de conto.

E foi xustamente desde Tres Tizas desde onde chegamos a estas estupendas posibilidades para traballar con Google Maps e Tagzania, que conectan con outras xa visitadas, coma esta Vexoviaxe.

Nesa orientación, condensada aquí, cantas cousas non se poderían facer no ensino na liña de escoitar.org? Un A Nosa Fala do alumnado, por poñer un exemplo próximo neste hipertexto e sinxelo.

Un pacote de propostas con Tagzania:

Uss de les georeferencies a l’aula

Unha miniguía para confeccionar rotas en Tagzania:

Outra aplicación, máis potente na mestura (seica mashup), e tamén interesante para a xeo-referencia e a neoxeografía (!), é Platial.