Opcións en Blogaliza

Este remozamento do aspecto do blogue, condicionado por estar obrigado a revisar o funcionamento de Blogaliza, que mudou en boa medida en agosto ao incorporar Wordpress MU e que ofrece desde esta semana máis estilos visuais, non se debe só a razóns estéticas. Se esta plataforma garante que poidamos xestionar e editar a nosa bitácora en galego, non ocorre o mesmo coa presentación dos contidos: a maioría dos estilos visuais conservan, ao non ter aberto o código e estar só parcialmente adaptados, elementos noutras linguas. O que procurei foi sobre todo mellorar esta cuestión.
Con Blogger acontece xusto o contrario: si podemos crear unha tona galega, pero se pretendemos que sexa o alumnado quen xestione, acaba sendo contraproducente no que se refire a obxectivos normalizadores. Esa é a única cuestión mellorábel, desde o meu punto de vista, desta estupenda inicativa que coñezo máis a fondo grazas a Román.
chúzame -














romanlandin said,
outubro 12, 2008 @ 10:25 pm
Este tema gústame máis. Ao longo da mañá aparecera unha plantilla que non me daba moito xeito para o Remexer. Cando botei a andar o meu blogue quería empregar Blogaliza; de feito, existe un Caderno de Lingua en blogaliza co Ola Mundo! de presentación. Aproveitando que o blogue está de aniversario remózoo ou dou un chimpo cara a Blogaliza. iso si, con moito coidado. Hoxe mesmo tiven problemas co formato e perdín bastante tempo cun novo post. Aínda así, o espazamento entre liñas é mínimo mais xa non o quero tocar.
E logo vas impartir o curso da CTNL? Afortunados/as os/as que vaian, seica hai unha listaxe de espera bastante ampla. Como verás no Caderno, a min colléronme por banda dun día para outro para unha charla improvisada e non me puiden negar… por moito que as miñas experiencias sexan cativas (nos dous sentidos da palabra).
Saúdos
Xano said,
outubro 12, 2008 @ 11:53 pm
Rompendo o intercambio cruzado destes días, contesto aquí.
Pois Blogaliza ten os seus pros e os seus contras, coma todo. Onte á noite algo saíu mal e ficou este blogue en branco; un bo susto. Mais ter a man o administrador é unha garantía, recuperouno co tema por defecto, de aí o aspecto desta mañá. Wordpress é agora moi cómodo, sobre todo co uso de Vodpod, e permite a presentación case 100% en galego. Mais nin dispón dunha rede próxima de consulta (ou si?) nin de moitos dos engadidos de Blogaliza, sobre todo á hora de facer podcats.
A respecto do curso, pois impartirao Xano Cebreiro, non sei en que quedará a cousa. O seu traballo previo e de apoio á guía práctica (o curso é eminentemente práctico) serviu precisamente para crear o wiki Ferramentas web.
Como fixen no Caderno, hai que darche os parabéns de novo polo teu labor. E agradecerche os comentarios, claro.
paidovento said,
outubro 19, 2008 @ 1:27 am
Pois, cuestións técnicas á parte, quedouvos con bastante bo aspecto o blog.
Unha aperta para ti e os teus, Xano.
Xoán said,
outubro 20, 2008 @ 6:59 pm
Ola Xano, había tempo que non pasaba “fisicamente” por aquí e vexo que houbo cambios. O remexer ten moi bo aspecto e seguro que o mellorarás nos próximos tempos. Os contidos seguen a ser tan interesantes como sempre. Estou facendo pequenos progresos con Blogaliza e vexo moitas cousas que me gustan, algunhas delas xa as tes destacado no blogue. Estiven argallando e exportei a Blogaliza o “blogue de proba” desde Blogger e esta opción funciona perfectamente.
Tamén para os blogues, pero para os Podcast Blogaliza é unha magnífica opción, a mellor: Blogaliza+PodPress. Isto mellora moito as prestacións doutras plataformas e tamén ás posibilidades de WordPress.com que non permite subir arquivos en mp3, até onde eu sei. Un saúdo e sigo atento ao que vaias publicando.