Revisión de textos narrativos
Unha das grandes necesidades dos proxectos de produción textual na rede é remediar a carencia de guías de revisión (tamén da planificación e textualización, mais non tanto) que lle permitan ao alumnado coller autonomía no labor de mellora das súas creacións. Con tal finalidade, elaboramos o seguinte recurso, que forma parte dun proxecto colectivo -en desenvolvemento- de construción dunha ferramenta-guía para todo o proceso da escrita e que terá que abranguer os distintos tipos e xéneros textuais. Non se trata de crear espazos illados, senón instrumentos de apoio para os usos da lingua en blogues, wikis, etc. Un labor non pequeno. Quen se apunta?

chúzame -










linguaeliteratura08 said,
xuño 6, 2008 @ 7:55 pm
moi bo!!!!
cando sexa profe de verdade tamén vou facer estas cousas.
xano said,
xuño 6, 2008 @ 10:12 pm
“De verdade”, oghallá sexa ben logho!