Obradoiro poético

Estamos comezando a colgar no blogue da aula algúns dos resultados dun pequeno obradoiro de creación poética organizado en conexión coa lectura interpretativa de textos representativos das grandes temáticas dos distintos períodos históricos que temos que abordar en 3º da ESO. Foi, con diferenza, a actividade (a serie de actividades) máis motivadora para o alumnado, e agora cómpre facer públicos os textos con suficiente valor. Aínda que o tempo non deu máis que para subir un miudallo, están no forno moitos versos impacientes.

Aproveitamos para probar con Issuu, unha ferramenta que, malia estar incluída na escolma inicial de ´agorarede, aínda non empregaramos. O feito de xogar con imaxes de textos -no caso dos caligramas- fixo que se preferise sobre outras opcións como Slideshare. E resulta ben funcional Issuu: só precisamos preparar un pdf, subilo e e dispoñemos dun libro en flash moi manexábel case ao instante.

ENGADIDO. Obradoiro 2, con ZohoShow:

Con SplashCast (música de Fanny e Alexander):

Chuzame! chúzame -

3 comments »

  1. Carlos said,

    marzo 13, 2008 @ 12:39 am

    Por suposto contamos con vós http://sekeirox.blogia.com//2008/031301-en-camino-cara-ao-iii-encontro-de-edublogs.php

  2. Ensaiando novas ferramentas « Caderno de Lingua said,

    abril 5, 2008 @ 12:50 pm

    [...] os pasos da ´agora rede e de Xano, ensaiamos cunha nova ferramenta para as presentacións, Zoho Show, pois até o de agora non [...]

  3. “Berlín”, de María Lado e Fanny & Alexander, con SplashCast « Caderno de Lingua said,

    abril 6, 2008 @ 9:55 am

    [...] máis imaxes, con texto escrito, incorporando a nosa voz… e conseguir presentacións coma esta, que dá boa conta das posibilidades educativas da ferramenta (agardamos ensinar algún froito da [...]

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Leave a Comment