LIM e webquest

Doado manexo, contorno atractivo e adaptábel, posibilidade de inserir un html básico (para facer ligazóns, por exemplo) e material audiovisual (iso si, en flash), ampla variedade de páxinas, incluída unha cun menú de presentacións, incorporación da revisión das tarefas..., é difícil non buscarlle distintas aplicacións ao LIM, tal como se comentou na anterior entrada. Bótase de falta poder adaptar os ríxidos espazos para os textos e sería estupendo poder "embedar", mais o que hai dá de si abondo. Porque, ademais, pode integrar o esquema das webquest sen que se desvirtúe, penso, ningunha das dúas ferramentas-recursos. É o que se intentou facer con este segundo caderno interactivo de lingua e literatura: Os camiños das linguas. Nel incluíronse dúas imaxes interactivas, realizadas grazas ao programa Mapas -tamén de Fran Macías-, As linguas da península ibérica e mais Camiño das linguas minorizadas.
Despois do traballo realizado polo alumnado co anterior caderno, con resultados moi positivos, agora comezamos a abordar o fenómeno do plurilingüismo e as causas principais da formación, expansión, minorización, substitución e normalización das linguas de xeito máis activo. Previamente, tirámoslle partido á procura do tesouro Linguas e mais linguas e máis adiante é posíbel que aproveitemos os materiais en slideshare de Landín, descubertos cando xa este LIM estaba rematado.

Chuzame! chúzame -

1 Comment »

  1. Landín said,

    novembro 11, 2007 @ 11:54 pm

    Obrigado pola ligazón! A verdade é que os diaporamas son moi útiles para presentar a historia da lingua e a sociolingüística nas aulas. Eu veño facéndoos dende hai un par de anos e vounos adaptando aos libros de texto que me atopo en cada centro. Como ti dicías cando presentaches os contidos por proxectos, nun primeiro momento o alumnado pode sentirse estrañado deixando de lado o manual, por iso tento seguir a estrutura do tema do libro. Gustoume O camiño das linguas minorizadas feito co “Mapas” de F. Macías. É unha ferramenta que pode dar moito xogo. Nós empregamos música nesas linguas ao xeito do blog sondepoetas. Tentarei colgala en canto poña o meu blog en marcha.

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Leave a Comment