Made in Galiza
Aínda que sexa con atraso, non podemos deixar de recomendar o novo libro de Séchu Sende (agora tamén con presenza transformadora na rede). Relatos de broco, suxestivos, coa penetrante e tenra forza do ourizo cacho, cun humor revelador, lírica ou enxeñosa retranca, con nós-palabras reconstruíndonos no país da linguaxe, coa lingua que fala con/de nós. Como di Depósito, Made in Galiza é literatura da boa ao tempo que un instrumento para encarar con recursos, nas aulas e (cara a) fóra delas, o conflito sociolingüístico e para a percepción crítica da desfeita da diversidade. Humor-reflexión, provocación-terapia, incitación á creación vivencial: quen non lle vai tirar partido?
chúzame -














Anonymous said,
setembro 3, 2007 @ 10:26 pm
Ups, abrigado polas palavras!
E polo que conta o blog convida a volver!
saúde
séchu
Anonymous said,
setembro 12, 2007 @ 5:20 pm
Ves, já volvim!
xanocebreiro said,
setembro 15, 2007 @ 10:32 pm
Hooome. Pois eu andaba por Chachauí e Roxe de Sebes
Aí si hai forza. Parabéns de novo, Séchu.