Made in Galiza

Aínda que sexa con atraso, non podemos deixar de recomendar o novo libro de Séchu Sende (agora tamén con presenza transformadora na rede). Relatos de broco, suxestivos, coa penetrante e tenra forza do ourizo cacho, cun humor revelador, lírica ou enxeñosa retranca, con nós-palabras reconstruíndonos no país da linguaxe, coa lingua que fala con/de nós. Como di Depósito, Made in Galiza é literatura da boa ao tempo que un instrumento para encarar con recursos, nas aulas e (cara a) fóra delas, o conflito sociolingüístico e para a percepción crítica da desfeita da diversidade. Humor-reflexión, provocación-terapia, incitación á creación vivencial: quen non lle vai tirar partido?
Chuzame! chúzame -

3 comments »

  1. Anonymous said,

    setembro 3, 2007 @ 10:26 pm

    Ups, abrigado polas palavras!

    E polo que conta o blog convida a volver!
    saúde

    séchu

  2. Anonymous said,

    setembro 12, 2007 @ 5:20 pm

    Ves, já volvim!

  3. xanocebreiro said,

    setembro 15, 2007 @ 10:32 pm

    Hooome. Pois eu andaba por Chachauí e Roxe de Sebes ;) Aí si hai forza. Parabéns de novo, Séchu.

RSS feed for comments on this post · TrackBack URI

Leave a Comment